Novos actos de homenaxe a Curros


 

Continúan os actos de conmemoración do centenario da morte de Curros. Nos próximos días terán lugar:

Domingo 19 de outubro ás 12.00 h.

Ruta "Ao pé de Curros": Visita guiada ao cemiterio de San Amaro con Xulio Cuba, profesor de ensino secundario.

Martes 21 de outubro ás 19.30 h na Biblioteca de Estudos Locais de Durán Loriga.

CURROS EN CUBA: Conferencia impartida por Elisardo Varela, profesor e inspector de ensino secundario.

Domingo 27 de outubro ás 19.30 h na Biblioteca de Estudos Locais de Durán Loriga.

VIXENCIA E MODERNIDADE NA OBRA DE CURROS: Conferencia impartida por María Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña e Xosé Luís Axeitos, profesor de ensino secundario e membro da Real Academia Galega.

 
 
 
 

A Volta a Curros en 9 etapas


"A este traballo pódeselle chamar unidade didáctica, mais é unha proposta que pretende achegar ideas para traballar a figura de Manuel Curros Enríquez co fin de que esta se perciba como algo que ten relevancia persoal para o alumnado" [Ler máis]
 
 
 
 

Na fronte unha estrela


A Real Academia Galega homenaxea a Curros Enríquez

 

A Real Academia Galega homenaxea a un dos seus fundadores, o poeta Curros Enríquez, no primeiro centenario da súa morte cunha exposición inédita de cen obxectos orixinais entre os que están as lentes e a primeira bandeira galega que ondeou en Galicia e cubriu o seu féretro.

A exposición leva como título "Na fronte unha estrela" que é un fragmento do poema dedicado por Curros a Rosalía de Castro, elixido "porque a estrela tamén simboliza a liberdade". 

Para a mostra reuníronse cen obxectos directamente relacionados con Curros, como as súas lentes, herdadas pola súa tataraneta Miriam Gilbertson, a bandeira que cubriu o seu féretro en 1908 no traslado da Habana ata A Coruña e que ademais foi a primeira galega que ondeou en Galicia e logo cubriu os féretros de Eduardo Pondal e Manuel Murguía.

A imaxe de introdución á mostra é un dos bosquexos orixinais do escultor de Cambados, Francisco Asorey, na elaboración do monumento que lembra a Curros Enríquez na cidade da Coruña dende 1930.

Tamén se poderá vera coroa entregada ao poeta en 1904, similar ás entregadas a outros autores como José Zorrilla, que eran coroados como autores nacionais e a isto sumaranse as primeiras edicións de todas as súas obras con anotacións manuscritas de Curros nalgunhas delas.

Axeitos dixo que tamén estará o libro de honra no que se rexistrou a entrada en 1905 do poeta como membro numerario da Real Academia "que tanto protexeu e axudou a fundar".

Os visitantes da mostra estarán acompañados en todo momento, por un fondo musical de máis de 200 versións de diferentes autores que musicaron poemas de Curros, ao que cualificou como o poeta máis cantado de Galicia.

 
 
 
 

Curros en 54 Rúas


A Fundación Curros Enrríquez convida a concellos de toda Galicia a recitar simultaneamente a primeira composición do escritor celanovés, "Unha noite na eira do trigo", nas rúas que levan o seu nome [Ler máis]
 
 
 
 

O Divino Sainete, de Curros Enríquez, polo grupo de teatro “Achádego”, de Lugo



No día 1 de Xuño de 2008, domingo, tivo lugar no teatro “Rosalía de Castro”, da Coruña, a estrea desta obra de Curros, convertida   -desde a forma poética orixinal-  en drama representábel pola escritora Marica Campo. A obra ten todas as cualidades para que tal operación de mudanza xenérica sexa posíbel: poesía dialóxica; monólogo interior; formato dunha viaxe imaxinario-onírica desde a Galiza até o Vaticano; ironía e humor como ingredientes do discurso fundamentais… Todos estes signos caracterizadores foron cursidosamente respeitados pola adaptadora, que achega así aos nosos días unha actualización positiva dunha obra fundamental do noso Primeiro Renacemento.
[Ler máis]
 
 
 
 

A vixencia da obra de Curros


Conferencia de Francisco Rodríguez.

Tanto desde o punto de vista ideolóxico como desde o punto de vista estético, a obra de Curros foi orixinal e vangardista no seu tempo e, como todo autor que acada a categoría de clásico, segue a ter moito que decirnos.

A Conferencia ten lugar o día 23 de maio ás 20 horas na Casa casares Quiroga, Rúa Panadeiras, nº 12 da Coruña e enmaárcase dentro dos actos do centenario de Curros.

 

 
 
 
 

Frorecen os eidos


Sob esta denominación tivo lugar un concerto de homenaxe a  Curros no Teatro Rosalía da Coruña [Ler máis]
 
 
 
 

Exposición sobre Curros


Hoxe, 25 de abril, inaugúrase na Coruña unha exposición para a rúa de  carácter divulgativo tanto da vida como do  contexto da época do poeta, coa recuperación de imaxes da súa casa, da infancia,  a emigración, a guerra de Cuba, o acto de enterro na Coruña.

Esta exposición forma parte dun conxunto de actos que sob a denominación de Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso se desenvolverán ao longo de todo a ano 2008.

A exposición continuará en Santiago, Pontevedra, Ourense e Vigo.

 
 
 
 

Xornadas Virtuais sobre Curros


A AS-PG e a AELG, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galiza, abren o prazo de matriculación para as Xornadas Virtuais sobre Manuel Curros Enríquez, un curso de Formación a Distancia en liña para os docentes de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato que permitirá ao profesorado interesado na didáctica da Lingua e Literatura Galega asistir, a través de internet e sen necesidade de se desprazar, a estas Xornadas para as que se tramitou a homologación ante a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 20 horas.
Poderán participar así mesmo as persoas que, sen ser docentes, teñan interese na figura deste escritor.
Os Socios/as da Aelg poderán matricularse até o 30 de abril gratuitamente no enderezo electrónico: admin@algarada.net
Máis información na Aula de Escritores da web da AELG

 
 
 
 

Centenario da morte de Curros


Aínda que os actos de homenaxe e lembranza a Curros, no centenario da súa morte, xa comezaron no pasado mes de marzo, o sábado, día 5 de abril, ás 17.30 horas, cun percorridImaxe de Curroso desde o Cemiterio de Santo Amaro até o monumento de Asorey nos Xardíns de Méndez Núñez, tivo lugar un CORTEXO DE HONRA A CURROS ENRÍQUEZ. O acto, organizado polo Concello da Coruña e pola Real Academia Galega, contou coa participación dun importante número de persoas. 
Curros morre o sete de marzo de 1908 na casa de saúde Covadonga, do Centro Asturiano. As primeiras manifestacións de pésame chegan  de “El Casino Republicano” (do que Curros era socio honorario), da “Reunión de Artesanos”, da “Liga de Amigos” e da “Academia Galega”, sendo presidente Murguía, que tanto recoñecemento mostrou sempre por Curros. A Asociación da Prensa coruñesa e a Academia Galega aportan a idea do traslado dos seus restos para lles dar sepultura na Galiza. O cadáver chegará no vapor correo que zarpará o día 20 da Habana. O concello da Coruña é o primeiro en ofrecer unha tumba definitiva e custeada.

Neste portal ofreceremos un
ha serie de actividades escolares sobre este autor, complemento de unidades didácticas que se publicarán en papel.

 
 
 
 
 

« novembro 2008
lunmarmérxovvensábdom
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
Hoxe

 
© Administrador