"A este traballo pódeselle chamar unidade didáctica, mais é unha proposta que pretende achegar ideas para traballar a figura de Manuel Curros Enríquez co fin de que esta se perciba como algo que ten relevancia persoal para o alumnado. Buscamos unha reactualización didáctica do poeta, neste ano centenario da súa morte, desde os últimos presupostos da didáctica da literatura: enfoque comunicativo, animación á lectura e escritura creativa, aprendizaxe cooperativa, etc. para desenvolver as competencias curriculares propias da nosa área (competencia en comunicación lingüística, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá, competencia cultural e artística e competencia para aprender a aprender)"
Así comeza esta proposta didáctica que sae agora á luz.
Pode verse a Unidade completa, en formato pdf premendo aquí
Publicado por Román on 23/10/2008 ás 17:02 #