A elección da data coincide co día no que Curros Enríquez escribiu o seu primeiro poema, "Cantiga", popularizado como "Unha noite na eira do trigo". Nesta iniciativa, denominada 54 rúas cantan a Curros participan de xeito especial os concellos ourensáns de Celanova, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, A Pobra de Trives, Verín e Xinzo da Limia.
Esta lectura conxunta realizarase en 23 rúas da Coruña, 12 de Lugo, 11 de Pontevedra e 8 de Ourense. É unha homenaxe que se suma as moitas outras que se están realizando este ano, centenario do pasamento do escritor.

Escoita a cantiga aquí na voz de Pucho Boedo.