A Real A
cademia Galega homenaxea a Curros Enríquez
A Real Academia Galega homenaxea a un dos seus fundadores, o poeta Curros Enríquez, no primeiro centenario da súa morte cunha exposición inédita de cen obxectos orixinais entre os que están as lentes e a primeira bandeira galega que ondeou en Galicia e cubriu o seu féretro.
A exposición leva como título "Na fronte unha estrela" que é un fragmento do poema dedicado por Curros a Rosalía de Castro, elixido "porque a estrela tamén simboliza a liberdade".Para a mostra reuníronse cen obxectos directamente relacionados con Curros, como as súas lentes, herdadas pola súa tataraneta Miriam Gilbertson, a bandeira que cubriu o seu féretro en 1908 no traslado da Habana ata A Coruña e que ademais foi a primeira galega que ondeou en Galicia e logo cubriu os féretros de Eduardo Pondal e Manuel Murguía.
A imaxe de introdución á mostra é un dos bosquexos orixinais do escultor de Cambados, Francisco Asorey, na elaboración do monumento que lembra a Curros Enríquez na cidade da Coruña dende 1930.
Tamén se poderá vera coroa entregada ao poeta en 1904, similar ás entregadas a outros autores como José Zorrilla, que eran coroados como autores nacionais e a isto sumaranse as primeiras edicións de todas as súas obras con anotacións manuscritas de Curros nalgunhas delas.
Axeitos dixo que tamén estará o libro de honra no que se rexistrou a entrada en 1905 do poeta como membro numerario da Real Academia "que tanto protexeu e axudou a fundar".
Os visitantes da mostra estarán acompañados en todo momento, por un fondo musical de máis de 200 versións de diferentes autores que musicaron poemas de Curros, ao que cualificou como o poeta máis cantado de Galicia.