xov 05 · xuño 08
Curros en 54 Rúas
A Fundación Curros Enrríquez convida a concellos de toda Galicia a recitar simultaneamente a primeira composición do escritor celanovés, "Unha noite na eira do trigo", nas rúas que levan o seu nome [Ler máis]
mér 04 · xuño 08
O Divino Sainete, de Curros Enríquez, polo grupo de teatro “Achádego”, de Lugo
No día 1 de Xuño de 2008, domingo, tivo lugar no teatro “Rosalía de Castro”, da Coruña, a estrea desta obra de Curros, convertida -desde a forma poética orixinal- en drama representábel pola escritora Marica Campo. A obra ten todas as cualidades para que tal operación de mudanza xenérica sexa posíbel: poesía dialóxica; monólogo interior; formato dunha viaxe imaxinario-onírica desde a Galiza até o Vaticano; ironía e humor como ingredientes do discurso fundamentais… Todos estes signos caracterizadores foron cursidosamente respeitados pola adaptadora, que achega así aos nosos días unha actualización positiva dunha obra fundamental do noso Primeiro Renacemento. [Ler máis]
xov 22 · maio 08
A vixencia da obra de Curros
Conferencia de Francisco Rodríguez.
Tanto desde o punto de vista ideolóxico como desde o punto de vista estético, a obra de Curros foi orixinal e vangardista no seu tempo e, como todo autor que acada a categoría de clásico, segue a ter moito que decirnos.
A Conferencia ten lugar o día 23 de maio ás 20 horas na Casa casares Quiroga, Rúa Panadeiras, nº 12 da Coruña e enmaárcase dentro dos actos do centenario de Curros.
Feeds