No ceo, azul crarísimo
No ceo, azul crarísimo;
no chan, verdor intenso;
no fondo da alma miña,
todo sombriso e negro.
¡Que alegre romaría!
¡Que risas e contentos!...
I os meus ollos en tanto
de bágoas están cheos.
Cubertos de verdura,
brilan os campos frescos,
mentras que a fel amarga
rebosa no meu peito.
gustame
Publicado por 193.144.51.110 on 03/02/2010 ás 08:44 #
Pareceme un poema moi interesante e gustanme as comparacions que fá .
Publicado por J. on 03/02/2010 ás 08:46 #
Amosa unha imaxe do ceo segun o ve o autor., con tristeza. Ao parecer ten que marchar e non volverá a aquelas romarías nas que tan ben o pasaba.
Publicado por María Luisa on 03/02/2010 ás 08:46 #
As cores son os sentimentos, e reflexa a sua pena dicindo que ten a alma sombría e negra.
Publicado por Cris on 03/02/2010 ás 08:47 #
Para min o que significa é que a autora séntese mal pero o mundo sigue para diante
Publicado por Anónimo on 03/02/2010 ás 08:48 #
Este poema trata sobre que por moi alegre que este todo no exterior se non estas ben no teu interior da igual.
Publicado por Noon on 03/02/2010 ás 08:49 #