Falamos: Campaña en centros de primaria
1.- Campaña de normalización e dinamización lingüística
1. OBXECTIVOS
Promover unha campaña para desenvolver actividades de Normalización e dinamización lingüística nos centros educativos de Educación Primaria no Concello da Coruña.
2. PARTICIPANTES
Poderán participar todos os centros educativos do Concello da Coruña que impartan Educación Primaria. A participación dos centros será a través dos ENDL
3. CATEGORÍAS
Establécese unha única modalidade de convocatoria consistente no Deseño dunha campaña de promoción da lingua galega.
Premiaranse os tres traballos que desenvolvan unha iniciativa normalizadora orixinal que teña como obxectivo o fomento do uso oral do galego quer no ámbito interno do centro , quer a implicación e participación no proxecto de todos os sectores que compoñen a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias así como a proxección no contorno do centro do proxecto presentado.
A campaña que se propuxer para o premio desenvolverá o tema seguindo unha estrutura en que deberán figurar, polo menos, os seguintes apartados:
- Punto de partida onde figure a situación do galego no ámbito en que se centrar.
- Os obxectivos que se perseguen e a metodoloxía a empregar.
- As actividades que se pretenden desenvolver e a temporalización da campaña prevista.
- As persoas implicadas e persoas a que implica así como unha estimación orzamentaria para o
desenvolvemento da campaña.
Tamén se valorarán as posibilidades reais de se pór en práctica e a capacidade de incidencia tanto externamente como nas distintas áreas dom currículo.
4. TRAMITACIÓN
As solicitudes de participación faranse cubrindo o formulario que aparece no enderezo web : http://bitaculas.as-pg.com/normalizacion/
Os proxectos enviaranse por e-mail a: informacion@as-pg.com, especificando en asunto: Torneo Falamos primaria, ou por correo postal a: Asociacion Socio-pedagóxica Galega (AS-PG), Rúa Laracha, nº 9, entrechán, 15010 A Coruña, facendo constar no sobre Torneo Falamos primaria
5. PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo fixado para a presentación de solicitudes será até o día 31 de outubro
Os centros educativos participantes no proxecto poderán solicitar á Concellaría de Normalización o envío ao centro, dentro das dispoñibilidades existentes, de monitores, contacontos, ilustradores ou outras actividades que podan servir de axuda para a elaboración do proxecto.
6. PREMIOS
- 700 euros ao traballo gañador
- 500 euros ao segundo
- 300 euros ao terceiro
7. SELECCIÓN
O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da planificación e normalización lingüística a que se refire a convocatoria e a súa composición farase pública con antelación. Para a selección dos traballos premiados teranse en conta os seguintes criterios:
- A orixinalidade da iniciativa
- O carácter transversal do proxecto e a implicación da comunidade educativa
- A calidade lingüística da exposición
8. AVALIACIÓN E FALLO
O fallo do xurado será inapelable e terá lugar o 20 de xaneiro de 2010. Os traballos deberán ser enviados antes do día 12 de xaneiro de 2010.
O xurado resérvase a posibilidade de declarar un ou varios premios desertos.
A data do acto de entrega dos premios publicarase oportunamente e coa debida antelación.
A participación nesta convocatoria significa que se aceptan integramente as bases.
A Coruña, outubro de 2010.