Buscar

Feeds

Referers

Navegación

Fallado o Certame Falamos para primaria

Falamos-participa e gaña coa lingua  é a denominación que adoptan as actividades de normalización e dinamización lingüística destinadas a alumnado de secundaria e primaria patrocinadas pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña e organizadas pola Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG). Despois de se ter celebrado o pasado día 15 o Certame de secundaria corresponde agora facer públicos os proxectos gañadores para a etapa de educación primaria. Despois da reunión do xurado celebrada o día 19 de xaneiro o veredicto foi:

O xurado do certame Falamos acordou conceder os seguintes premios:

1º premio, dotado con 700 euros ao proxecto presentado polo CEIP Sanjurjo de Carricarte.

2º premio dotado con 500 euros ao proxecto presentado polo CEIP María Pita.

3º premio dotado con 300 euros ao CEIP Manuel Murguía.

O xurado (composto por: Nuria Seoane Bouzas, Elisabet Ríos Liste e Xoán Costa Casas) outorgou estes premios por unanimidade.




Comentarios:

Enviar un Comentario:
Os Comentarios están pechados para esta entrada.