Tratado de Lisboa


Un artigo de Francisco Rodríguez


O espectáculo non pode ser máis expresivo. Os gobernos dos grandes Estados europeos están empeñados en levar adiante o seu deseño, oligarquicamente interesado, mesmo violando as regras de xogo estabelecidas. A democracia só lles vale se lles dá a razón. O non irlandés ao Tratado de Lisboa foi outra ducha de consciencia sobre a orientación dun proceso negativo para as clases populares e as pequenas nacións.

[Ler máis]
 
 
 
 

Galiza, sempre


Un artigo de Marta Dacosta


 Non o entendo. Non entendo o posicionamento da Academia (RAG). Non son quen de entender que poida fundamentarse unha decisión coma esta no feito de que unha das formas (e hai estudos científicos que nos demostran que a forma lexítima, segundo a evolución fonética da nosa lingua, é Galiza) é a menos empregada.

[Ler máis]
 
 
 
 

Olé!!!


Francisco Rodríguez


Con que entusiasmo, sen rubor nin complexos, se expresan os panexiristas dos símbolos e costumes festivos de España. Eles, que ven fundamentalista e irracional a simple adhesión de outros á lingua propia en desvantaxe ou esmorecida, ou o uso dunha prenda inocua (o velo), son quen de converter unha corrida de touros e un toureiro, José Tomás, por exemplo, en algo “transcendente” e “sublime”. E non paran aí.

[Ler máis]
 
 
 
 

Estación San Cristovo


Francisco Rodríguez


Un dos itinerarios do ferrocarril galego, xa hoxe asumíbel, é o d´A Coruña- Santiago. Os 43 minutos de duración da viaxe na actualidade, as frecuencias e os prezos do billete por debaixo do autobús, fan que teña cada vez máis usuarios, especialmente mocidade, persoas xubiladas e traballadores en xeral.

[Ler máis]
 
 
 
 

A Contracorrente.


Resulta abafante e sintomático o empeño informativo e dos economistas académicos oficiais en manter a sociedade galega na ignorancia e/ou manipulación a respecto dun tema tan crucial como o financiamento da comunidade autónoma. Preténdese xustificar que o mellor dos mundos posíbeis para Galiza é o da actual dependencia e subordinación respecto do Estado Español. A ideoloxía da españolidade e da unidade de España inspiran as manipulacións académicas e o correlato divulgador informativo. Axitan sempre a bandeira dunha suposta “solidariedade” do estado con Galiza, que se manifestaría empiricamente nos resultados da aplicación do sistema de financiamento vixente.

[Ler máis]
 
 
 
 
 

« xuño 2008 »
lunmarmérxovvensábdom
      
1
3
4
5
6
7
9
11
12
13
14
15
16
17
18
19
21
22
23
25
26
27
28
29
30
      
Hoxe

 
© Administrador