Entradas

RSS Fontes

GALIX. Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil

GALIX é un colectivo, sen ánimo de lucro, que desenvolve as súas actividades no campo da literatura infantil e xuvenil. 

[Ler máis]

Ligazón permanente     Ainda sen comentarios

ABRACADABRAS. Novo disco producido pola AS-PG

A AS-PG porá a venda, no mes de outubro, un novo disco

 Con letras de Marica Campo e interpretado polo grupo Pirilampo o disco poderase comprar no mes de outubro a 15 euros cada exemplar. O traballo, que consta de 14 temas, aparecerá ao público en formato CD e formato DVD. No DVD aparecerán 8 temas con vídeo.Portada do disco

As persoas que desexen facer reserva terán un prezo reducido de 10 euros se  non están asociadas á AS-PG e  de 8 euros se son socios ou socias da AS-PG.

Quen desexe facer a reserva deberá ingresar na conta 2091-0000-35-3040150083 a cantidade correspondente e logo enviar un correo a informacion@as-pg.com no que indique o seu nome e apelidos e o enderezo ao que se debe enviar o(s) disco(s) unha vez que as copias estean en poder da as-pg. Só se poderán reservar un máximo de 5 copias por persoa. Non se considerará a reserva se previamente non se fai o ingreso.

Ligazón permanente     Ainda sen comentarios

Rede Nasa TV

A Sala Nasa colga na rede gran parte do seu fondo documental con 15 anos de gravacións de obras de concertos, obras de teatro, danza... O portal RedeNasa.tv,  busca artellar unha rede social baseada en contidos enviados por artistas e espectadores. Un dos obxectivos finais, segundo explican dende a Sala Nasa, é crear unha "canle de televisión" na internet que mesture as novas creacións con gravacións do importante 'fondo de armario' da nave.

Ligazón permanente     Ainda sen comentarios

Album de Mulleres

Esta páxina do Consello da Cultura Galega  é un centro de documentación dixital para divulgar e investigar as contribucións das mulleres á sociedade e cultura galegas. Ligazón

Ligazón permanente     Ainda sen comentarios