Reloxo-Cronómetro
A AS-PG desenvolveu un reloxo e cronómetro que pode descargar desde esta entrada. Se quere ter máis información sobre esta e outras novidades vexa a entrada Boletíns
[Ler máis]O Portal de bitáculas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega
A AS-PG desenvolveu un reloxo e cronómetro que pode descargar desde esta entrada. Se quere ter máis información sobre esta e outras novidades vexa a entrada Boletíns
[Ler máis]
Anuncio para televisión, realizado polo
Equipo de Normalización Lingüística, co que o IES Leiras Pulpeiro acadou o 2º Premio da
Campaña "Entre Nós en Galego" no ano 2005.
Bivir é un proxecto da Asociación de tradutores Galegos que quere ofrecer literatura universal no noso idioma.
Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por
seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.
Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos,
contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que siguen vivindo
na nosa memoria colectiva.
O Proxecto Terra ten como obxectivo contribuír a que os cidadáns perciban a arquitectura e o territorio como piares básicos da nosa cultura. Partindo do convencemento de que este obxectivo nunca se logrará acadar se non conseguimos que o feito arquitectónico e territorial adquira unha sólida presenza no ámbito da educación, o proxectoterra é un proxecto de intervención educativa dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial. Este é un proxecto do Colexio Oficial de arquitectos de Galicia no que colaborou desde o inicio a as-pg.
O patrimonio cultural de Galicia comprende os bens mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico, ademais do patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os lugares naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico. Este web depende da Consellaría de Cultura e Turismo
Arquivos de Galicia é un proxecto de incorporación a un sistema de xestión documental en rede de Arquivos. Conta cos seguintes centros:
Arquivo Central da Consellería de Cultura (Santiago de Compostela)
Arquivo Xeral da Xunta de Galicia (Santiago de Compostela)
Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela
Arquivo Municipal de Ferrol
De fala a lingua: un proceso inacabado, é un volume en que se recollen artigos, estudos e traballos de María Pilar García Negro elaborados durante a última década, seguidos dun apéndice con interesantes documentos. Útil para se aproximar á situación sociolingüística do noso idioma na primeira década do século XXI.
Vídeo da súa apresentación
Sobre o racismo lingüístico, María Pilar García Negro (ed.), Celia María Armas García, María Pilar
García Negro, Manuel Ferreiro Fernández, Xosé Ramón Freixeiro Mato,
Xosé Manuel Sánchez Rei, Goretti Sanmartín Rei, Francisco Rodríguez
Sánchez, Luís Villares Naveira.Edicións laiovento, 2009
Trátase dun libro coral ou sinfónico, en palabras da coordinadora, onde aparecen convocadas moitas voces. María Pilar Garcia negro, ademais da coordinación, dedica un capítulo á cuestión do racismo lingüístico e a súa funcionalidade.Xosé Ramón Freixeiro fai unha síntese da historia do idioma; Manuel Ferreiro ocúpase dos nosos topónimos e nomes de persoas, que tanto padeceu dun proceso de deturpación; Xosé Manuel Sánchez defende a necesidade de modernizar lexicalmente o galego, como todas as linguas normais fixeron no seu momento e seguen a facer; Goretti Sanmartín explica a necesidade dun modelo culto de lingua; Luís Villares, xuíz da Fonsagrada, a inconstitucionalidade da segregación do estudantado por razón de lingua, que é o que de forma golpista pretenden agora executar as autoridades educativas; Celia María Armas, que é profesora no ensino medio, compón a historia dunha imposición, a historia da imposición verdadeira, a única real e obxectiva en termos históricos e sociais, que é a do español sobre o galego; finalmente, Francisco Rodríguez cerra o libro cun epílogo, que é un artigo moi interesante e moi esclarecedor, titulado "Lingua galega e cinismo español".
Intervención de Luís Villares na presentación do libro na Coruña o 9 de xullo
Un sitio web con información sobre literatura infantil e xuvenil. Bo para recoller ideas de lectura para este verán.
[Ler máis]