Campionato de Trivial Día da Ciencia en Galego
O Día da Ciencia en Galego é unha xornada dirixida ao mundo do ensino e a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua axeitada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias escolares pensadas e desenvolvidas en galego.O Día da Ciencia en Galego está adicado a Ramón Mª Aller Ulloa, Afonso X e James Clerk Maxwel.
A xornada terá lugar o día 4 de novembro de 2010 e o profesorado, xunto co alumnado, pode participar organizando libremente unha actividade de divulgación adaptada a cada realidade e aos diferentes niveis educativos. A AS-PG, que participa nesta convocatoria, convoca un Campionato de Trivial sob as seguintes
- Participantes.
Para se inscribir, debe cubrir o datos que se recollen na ficha de inscrición que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato. No caso de non ser aínda usuario do Trivial debe cubrir a ficha de rexistro. Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com.
O Campionato rexerase polas normas do Trivial.Gz.
- Inscrición.
O Campionato desenvolverase durante o día 4 de novembro de 2010. As datas de inscrición serán entre o 24 de outubro e o 2 de novembro.
O nivel de dificultade será de 1 (Fácil) e xogarase con 6 temas. Haberá tres temas obrigatorios (Ciencia, Astronomía e No Mundo) para todos os concursantes debendo elixir cada xogador ou xogadora os tres restantes.
O tempo máximo para xogar o campionato será de 180 minutos. Transcorrido este tempo, se un concursante desexar continuar, poderá mercar tempo até un máximo de 18 minutos. Por cada minuto que compre deberá aboar 50 puntos, que lle serán descontados no momento de facer a compra. O tempo pode compralo todo xunto ou en fraccións de un minuto.
- Premios.
A AS-PG contactará mediante correo electrónico cos gañadores ou gañadoras. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido. Tamén é imprescindíbel facer constar o número de Documento de Identidade (DI).
Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG.