Ensino en galego, un dereito irrenunciábel

RSS Feeds

Resultado do Concurso Procurando Poema e poeta

Finalizado o prazo para enviar a solución do concurso estes son os
resultados: Participaron, previa inscrición,  un total de 78 persoas.
Enviaron os textos correctamente recompostos e identificados autor e
autora 6 persoas.  Desas 6, tres son socias da as-pg.
Segundo as
bases teñen preferencia e en caso de empate, como é o caso, decídese
por sorteo. Establecemos un sorteo en combinación co sorteo da ONCE e a
gañadora final foi Mercedes Espiño.

 

 A solución

A autora dun poema é Marica Campo, o poema número 11 do seu libro Pedinche luz prestada

 

Aquilo era música sagrada

e era o teu ritual de
carne e ósos,


de seda azul, de viños
xenerosos,


baixo os dedos da tecla
aloumiñada.


 

A tarde xa estaba
demediada,


enteiros e a medrar os
pulos nosos,


os sons era cadora máis
fermosos


e a melodía doce e
afinada.


 

Polos vitrais entrou unha
luz maina


ateigada de sono e de
tristura


e a música cesou naquela
andaina.


 

Despois fomos das notas na
procura


-moi suavemente como unha
anaina-


pero xa non tiñamos
partitura.


 

O autor do outro poema é Manuel María, o poema é o número 6 do seu libro As lúcidas lúas do outono

 

As xerfas musicais das
deslembranzas,


puras, tremelantes e
lonxanas,


son brancas como o medo,

o silencio, o arrepío e a
morte.


No fondo do noso ser máis
fondo


déixannos, para sempre,

un fondo desasosego
misterioso


que xa non podemos
deslembrar


nin coñecer. E poñen,

na desamparada flor da
nosa vida,


unha beleza lene, leda e
anguriada.





Permalink     No Comments



Enviar un Comentario:
Os Comentarios están pechados para esta entrada.